Inicio Galería 28 anos de xuntanza con D. Antonio Rouco Varela en Carballo

28 anos de xuntanza con D. Antonio Rouco Varela en Carballo

O venres  11 de agosto, tivo lugar unha nova xuntanza de amigos, e xa van 28 edicións, en Carballo. Sobre a unha da tarde chegaba ao adro da igrexa parroquial San Xoán Bautista, xa remodelado, D. Antonio Rouco Varela, donde o esperaba o párroco e anfitrión destes encontros, D. José García Gondar.

A esta xuntanza asistiron ademais do arcebispo de Santiago de Compostela, D. Julián Barrio Barrio, e o bispo de Lugo, D. Alfonso Carrasco, monseñor Salvador Domato Búa, o vicario de A Coruña D. José Luis Veira Cores,  o vicario xeral de Lugo D. Mario Vázquez Carballo, o reitor do Seminario Maior, D. Carlos Álvarez Varela, o delegado de Catequese, D. Miguel López Varela, el delegado de Patrimonio e Arte, D. Mario Cotelo, así como D. Carlos Miramontes Seijas, D. Manuel J. Formoso, D. Eduardo Puga Vila, D. Andrés García Vilariño, D. Antonio Ferreirós, D. Ramón Antelo, D. Jesús Barrientos Lema, D. Jesús Antelo Quintáns, D. Aquilino Fernández, D. Ricardo Villaverde, D. José Montes, etc.

Primeiramente,  houbo un momento de oración no adro da igrexa parroquial San Xoán bautista de Carballo diante da Virxe da Misericordia e posteriormente dentro do templo, donde tamén se pediu por todos os falecidos que outros anos asistían a estes encontros.

Finalmente, tivo lugar a comida de confraternidade nun restaurante coñecido da zona en donde tamén se lle entregaron as Medallas de honra da Parroquia de Carballo a D. Antonio Mª Rouco Varela e a D. Alfonso Carrasco, polas súas presenzas e atencións para con esta Parroquia.

También te podría interesar