O Cirio Pascual (I)

O Cirio Pascual  (I)

O Cirio Pascual (I)

01/07/2017

Falamos do cirio de Carballo neste 2.017. Presenta en lugar preferente a imaxe do Bo Pastor que foi emblema do Ano Xubilar da Misericordia, proclamado polo papa Francisco.

Arriba, a cruz de Santiago, que ten forma de espada, pois o Apóstolo foi invocado na loita contra o islam na guerra da Reconquista.

Esta cruz nace na vieira xacobea (pecten jacobeus) que di o Calixtino, que chama “pieiti xacobeo” á vieira, polas súas formas dentadas, radiais.

Os peregrinos que chegaban a este Fisterre polos diversos camiños de Santiago, recollían, probaban e levaban como recordo a concha dun sabroso bivalvo, de artístico deseño. Ese recordo serviu para acreditar a condición de peregrino a Compostela. Tamén era útil para beber nas fontes do camiño. Ademais foi ornamento na esclavina dos devotos camiñantes. Cómo chamar a esa concha e a ese molusco? Pois será a “vieira”, porque acompaña nas vías e viaxes dos peregrinos.

Pero un peregrino que proceda da terra con fala castelá ou romance chama a esa concha co nome de “venera”, pois na mitoloxía greco-latina a deusa Venus nace en medio das conchas dese bivalvo. É a deusa da fermosura e do gozo.

Para os peregrinos, a venera ou vieira lembraba o renacemento polo bautismo e a ledicia da que fala o Códice Calixtino, o gozo que tiñan os peregrinos cando volvían de cumprir a viaxe a onda o Apóstolo.

Por isto mesmo coidamos que a cruz de Santiago aparece no cirio de Carballo entre as conchas da vieira. A alegría, bo ánimo, que enchía o corazón dos devotos xacobeos.

Aparece tamén o cirio dominado por dúas letras do alfabeto grego. A primeira, alfa (A) e a derradeira, omega (    ) que serven para significar a Cristo, principio e fin de todo, como nos di o Apocalipsis, no cap. XXI, verso 6