O Cirio Pascual (II)

O Cirio Pascual  (II)

O Cirio Pascual (II)

09/07/2017

No reverso do cirio aparecen dous peixes. Na simboloxía cristiá do século II aparece o peixe. Como tamén aparecía a imaxe do Bo Pastor.

O peixe era tamén unha forma de manifestar, prudentemente a fe cristiá, en tempos de persecución. Rexía o que chamaban Disciplina do Arcano. A defensa da fe nun mundo pagano e perseguidor. Así foi nos primeiros séculos.

Vexan Vds. A particular condición do peixe para proclamar a fe en Cristo.

Peixe, en grego, dise IJZIJS (Poñemos caracteres do alfabeto latino, pois non temos os do grego). Tomando cada unha desas letras a interpretar como un acrónimo (costume moi actual) teremos o seguinte:

I = Iesus,   J = JRISTOS  , Z = Zeus, U = Uiós,  S = SOTER (palabras gregas, con letra latina) traducindo isto ao noso galego, temos:

“Jesús, Cristo, Deus, Fillo, Salvador”

Ben sabemos que, popularmente,  o peixe  tan presente na simboloxía litúrxica, é unha evocación da multiplicación de pan e peixes da que fala o Evanxeo. Agora vemos que é algo máis profundo,  como unha profesión de fe en Cristo, Fillo de Deus, Salvador.

Resta felicitar ao artista que deseñou o decorado do cirio. Deunos unha catequese, ademais dunha obra de arte que, pensamos, debería quedar nun museo parroquial. Como fixeron na Catedral de Santiago que gardaron o couce do cirio que o papa Xoán XXIII mandou para arder ante o altar do Apóstolo.