XXX Semana da Familia

XXX Semana da Familia

XXX Semana da Familia

29/04/2017

Coa bendición da imaxe Mater Misericordiae, por parte do arcebispo D. Julián Barrio, poñemos en marcha a 30ª Semana de Familia. Nesta nova edición, despois da inauguración do atrio ca imaxe da Virxe e o Mural do Pai que acolle ao fillo pródigo, facemos unha invitación especial ás  familias de Carballo a renovar a vida cristiá acollendo a Misericordia de Deus e recibindo os Sacramentos.

 

Domingo 30 de abril

12,30 hs: Misa comezo Semana da Familia. Catequese cos nenos: “Xesús ensínanos a vivir en familia”

 

Luns 1 de maio:

12,30: Celebración da Primeira Comunión de 40 nenos.

 

Martes 2 de maio:

20,30 hs: Charla “O uso responsable de Internet e las Nuevas Tecnologías” a cargo de Manuel Angel García Gómez, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

 

Mércores 3  de maio:

20,30 hs: Charla ”Aprender a vivir a caridade”. Xornada de portas abertas de Cáritas (percorrido polos locais de Cáritas)

 

Xoves 4  de maio:

20,30 hs: Celebración do Sacramento da Penitencia  pais e confirmandos

 

Venres 5  de maio:

21:00 hs: Desde a Capela da Milagrosa coas imaxes da Virxe de cada parroquia nunha carroza engalanada. Rematará na igrexa parroquial coa consagración das familias á Virxe “Mater Misericordiae “

 

Sábado 6  de maio:

17:00 hs: Misa e bendición dos enfermos: Celebración comunitaria da  Santa Unción

20:00 hs: Celebración do Sacramento da Confirmación

 

Mamás traede os vosos fillos e netos.

Fillos invitade ás vosas mamás para que María Nai vos bendiga.

 

Díptico informativo