Tiñas uns ollos ledos
daba gloria velos;
o teu sorriso
convertía nun paraíso
este mundo de malpocado
este mundo malfadado,
eras ledicia de Almería
na que moito te querían.
Deixas o mundo empobrecido
endexamais serás esquencido,
co arcanxo San Gabriel
ao Ceo subiches canda el.
Foi o odio, o rancor,
que che deu a morte,
tiveches igual sorte
ca Cristo Noso Señor.
Dóese España enteira
feriute a sen razón
dunha ou outra maneira
Levámoste no corazón.
Quedamos por ti chorando
no Val de Bágoas andando
danos a túa bendición
ti que estás na Salvación.