Inicio Anuncio da Palabra

Anuncio da Palabra

  1. CATEQUESE

A Catequese de nenos e mozos foi sempre un dos aspectos fundamentais dentro da Pastoral da Comunidade Parroquial de Carballo. Os pais, son os primeiros catequistas dos fillos, como prometeron ao bautizalos: é necesario animalos para que veñan a Catequese, tamén despois de recibir a Primeira Comuñón

Entusiasmade aos vosos flllos, netos… para que acudan á Catequese, aínda con máis razón, despois de facer a Primeira Comuñón.

Relixión católica na escola: Pais e nais, escollede a asignatura de Relixión para os vosos fillos. Que ninguén decida por vós.

 

1.1. Catecismo parroquial

Comeza o Curso de catequese o primeiro fin de semana de outubro nos seguintes centros de culto

Igrexa Parroquial:

  • Venres: 18:15 hs. e Misa as 19:00 hs: para todos os cursos
  • Sábados: 11:45 hs. e Misa as 12:30 hs: para todos os cursos
  • Domingos:11:30 hs. e Misa as 12:30 hs: para todos os cursos

San Cristovo:

  • Domingos: 10:30 hs e Misa as 11:15 hs: para todos os cursos

Para a formación dos Catequistas: reunión por grupos. Venres, sábados e domingos  despois da catequese.

 

1.2. Primeiras Comuñóns

Todo neno que queira facer a Primeira Comuñón debe asistir polo menos dous cursos completos á Catequese Parroquial e á preparación intensiva que terá lugar as semanas previas a recibir a Primeira Comuñón.

Tódolos nenos levarán o mesmo modelo de traxe (túnica bautismal). A Parroquia dispón de traxes que facilitará ás familias que os precisen.

As datas de celebración comunitaria e solemne  para as Primeiras Comuñóns no presente curso, serán as seguintes:

  • 19 de marzo
  • 1 de maio
  • 24 de xuño
  • 1º domingo de xullo (en San Cristovo)
  • 1º domingo de agosto
  • 1º domingo de setembro

Se algunha familia quere que o seu fillo faga a 1ª Comuñón en día distinto aos sinalados, poderá facela co mesmo modelo de traxe ou de paisano.

 

1.3. Catequese de Poscomuñón

Observamos con pena, que os nenos unha vez feita a Primeira Comuñón deixan de asistir á Misa e á Catequese.

Por iso rogamos encarecidamente aos pais que os sigades mandando.

Hai grupos de Catequese de Poscomuñón (4º, 5º e 6ª de Primaria) os venres, sábados e domingos.

Campaña de sensibilización para que os nenos perseveren no Catecismo despois da Primeira Comuñón.

Invitación especial aos pais para que participen cos seus fillos na Misa da catequese: que sexa a Misa da familia.

Campaña para vivir con sentido cristiá o Nadal: Pregón de Nadal e recital de panxoliñas, instalación do Belén nas igrexas,escenificación do Belén vivente,  “Bendición do Neno Xesús” o 3º domingo de Advento…

 

1.4. Catequese de Confirmación

Para confirmarse é preciso asistir a catequese os dous cursos completos anteriores o da Confirmación e tamén  é lóxico matricularse na clase de Relixión no Colexio.

Hai grupos de catequese de Confirmación os venres, sábados e domingos.

Neste curso:

  • Seguiremos coa Campaña de sensibilización para que ningún neno falte o Catecismo despois da Primeira Comuñón.
  • Campaña especial para que se confirmen os bautizados nesta Igrexa  que non se confirmaron.
  • Seguir distribuíndo e utilizando como material de catequese o Libro editado pola Parroquia “Guia da Vida cristiá” (2ª edición)
  • Proseguir a constitución da Confraría Infantil para a Semana Santa: confraría “Santo Cristo da paz”: paso da borriquiña  e o grupo de Adoración ao Santísimo Sacramento.

Seguiremos potenciando:

  • Coro Infantil / escolanía: para animar o canto da Misa dos nenos.
  • Coro “Vagalume”: para cantar na Misa de San Cristovo.
  • Grupo de Acólitos: para axudar como monaguillos nas Misas e demais celebracións.

 

1.5. Confirmación de adultos

Poden inscribirse no Despacho Parroquial antes do 18 de novembro. A catequese é os sábados ás 19:00 hs

 

1.6. Catecumenado de adultos

Tendo en conta que cada día son máis os nenos maiores / mozos e adultos que chegan ás nosas parroquias a pedir o Bautismo, a Primeira Comuñón ou a Confirmación, ofrecemos un sinxelo servizo de Catecumenado que axude a  coñecer a fe cristiá e a preparar aos que queiran recibir estes Sacramentos.

Por tanto os interesados poden falar cos sacerdotes ou inscribirse no Despacho Parroquial de Carballo. O Catecumenado comenzará o día 18 de Novembro.

 

  1. Pastoral xuvenil

 

2.1. Coordinadora de Pastoral Xuvenil

Para programar, animar e coordinar as actividades xuvenís das Parroquias

Programa de actividades para o curso:

  • Fomentar a creación de monitores de pastoral xuvenil que coordinen a zona pastoral
  • Grupo de oración xoven: Tenda do Encontro, os sábados ás 19:30 hs
  • Pontenciar: Vixilia da Inmaculada, Cea da Fame, Via Crucis Xuvenil, etc.
  • Impulsar a creación do Movemento Diocesano de Xóvenes de AC: convivencias diocesanas
  • Voluntariado para acompañar aos residentes de Abrente á Misa e Hospitalidade da Nª Sª de Lourdes
  • Cos confirmandos visita ao Xeriátrico no Nadal, e axudar a traer na silla de rodas aos que queiran asistir á Misa en San Cristovo.
  •  Xornadas de cine espiritual.
  • Participación no Camiño de Santiago de Entroido e Semana Santa.

 

2.2. Grupo de Misións

Encargado das campañas misioneiras (Domund, Mans Unidas, Cea de Fame….) e de fomentar a solidariedade co Tereciro Mundo.

Participar e colaborar en programas de Infancia Misioneira, Domund, Mans Unidas… Campaña para difundir as revistas Mundo Negro e Aguiluchos.

 

2.3. Confraría Santo Cristo da Mocidade

Os confrades participan co hábito na Semana Santa  portando a imaxe do Cristo atado a columna, co compromiso de axudar a liberación de todas as ataduras que escravizan aos mozos. Admisión de novos confrades: na Misa do Xoves Santo.

 

2.4. Centro de Información á mocidade “A Xanela”

Punto de Información Xuvenil, no Centro  Social. Facilitar toda a información emitida pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta.

 

2.5. Asociación Xuvenil “Fogar da Xuventude”:

Ademais da sala “Fogar da  Xuventude” realiza as tradicionais actividades de Cabalgata de Reis, Homenaxe aos nosos maiores, etc.

 

2.6. Coro e Asosiación Vagalume

Para animar a Misa e celebracións de San Cristovo, Grupos de Teatro, Dinamizar a actividade xuvenil e cultural do barrio.

  1. INFORMACIÓN E PRENSA

3.1. A Xanela Semanal, WhatXanela, Newsletter…

 

3.2. Calendario parroquial e Evanxeo 2019:

Un ano máis enviaremos a todos os fogares o Calendario Parroquial do 2019.

 

3.3. Espazos web

Donde tamén se pode seguir, a través das webcam a Misa parroquial do Domingo.

  • www.parroquiacarballo.com
  • aula.parroquiacarballo.com
  • galería.parroquiacarballo.com

 

3.4. Radio Maria:

Seguir difundiendo Radio Maria como medio de formación cristiana: “Unha voz católica na túa casa” F.M. 96.5.

 

3.5. Biblioteca parroquial:

Ofrécense, con carácter de préstamo, libros de lectura espiritual e formación teolóxica.

 

×