Inicio Liturgia y Cáritas

Liturgia y Cáritas

Igrexa parroquial de San Xoán Bautista de Carballo

A diario, 8:30 hs (Capela do Santísimo) e 20:00 hs. (verán, 20:30 hs)

Domingos e festivos: 12:30 hs e 20:00 hs (verán, 20:30hs)

Nª Sª Pilar: 12 outubro

San Crispín: 25 outubro

Sta Cecilia: 22 Novembro

Medalla Milagrosa: 27 Novembro

Inmac. Concepción: 8 Decembro

Sta Lucía: 13 Decembro

Presentación de Xesús: 2 Febreiro

San Brais: 3 Febreiro

San Xosé: 19 Marzo

Nª Sª Dores: 27 de marzo e 15 Setembro

Nª Sª Fátima: 13 Maio

Sta Gema: 14 Maio

Sta Rita: 22 Maio

San Antonio: 13 Xuño

Festas Patronais: 24-27 Xuño

 

Santuario de San Cristovo

Domingos, 11:15 hs.

Nª Sª da Boa Viaxe e San Cristovo: 1-2 agosto

 

Capela da Brea

Domingos, 9:30 hs.

San Antonio e Nª Sª do P. Socorro: 11-12 xullo

 

Capela da Milagrosa

Todos os os días, 19:00 h., agás venres que son as 18:00 hs

Da Milagrosa: 5-6 de setembro, precedida de fervorosa novena que remata coa Procesión das Antorchas.

Mención especial merecen as alfombras florais que fan os veciños para a Procesión.

 

Colexio das Fillas da Caridade

A diario, 19:30 hs.

Domingos e festivos, 10:00 hs

 

Igrexa parroquial de Santa María de Bértoa

Domingos e festivos, 11:00 hs.

San Paio: 15 de xaneiro

Domingo anterior a Ramos: San Lázaro

Domingo de Pascua: San Lázaro

Día de Corpus: Santísimo Sacramento

Santa María: 15 de agosto

San Antonio e San Roque: 16 de agosto

Sagrado Corazón de Xesús: 17 de agosto

Santa Eufemia: 16 de setembro

Santa Eufemia: Domingo seguinte

Virxe da Merced: 24 de setembro

 

Igrexa parroquial de San Martiño de Cances

Domingos e festivos, 12:00 h.

San Antonio e San Blas: Primeiro domingo de febreiro

San José: 19 de marzo

Virxe de Fátima: Primeiro domingo de maio

San Campio e Espírito Santo: Domingo de Pentecostés

Santísimo Sacramento e San Pedro: 29 de xuño

Virxe do Carme e San Antonio: 30 de xuño

San Campio: 29 de setembro

Nosa Señora do Rosario: 1º domingo de outubro

San Martiño e Santa Lucía: 11 de novembro

San Roque: 12 de novembro

 

Igrexa parroquial de San Estevo de Goiáns

Domingos e festivos, 10:00 hs.

San Paio: 15 xaneiro e luns de Pascua

Sacramento e San Ramón: 6-7 setembro

San Estevo: 26-27 decembro

 

Capela da Virxe de Lourdes en Goiáns

Día 11 de cada mes, 18:00 hs.

Lourdes: 5 setembro

 

Igrexa parroquial de San Cristovo de Lema

Domingos e festivos, 10:30 hs

Xesús Neno: 3º domingo xaneiro

Nª Sª do Carmen: 16 de xullo

San Cristovo e Santísimo Sacramento: 10-11 xullo

 

Capela de Santa Irene

14 de cada mes, 18:00 hs

Santa Irene: 3º domingo setembro

 

Igrexa parroquial de Santa Mariña de Lemaio

Domingos, 11:30 hs.

San Xosé : 19 Marzo

Santa Mariña, Nª Sª do Carme; Santísimo , san Antonio e Santa Lucía:  18-20 xullo

San Roque: último domingo agosto

 

Igrexa parroquial de San Breixo de Oza

Domingos e festivos, 12:30 hs.

San Antonio: 15 xuño

O Carme e o Sacramento: 18-19 xullo

Guadalupe, San Blas, San Roque e o Socorro: 5-7 setembro

San Breixo: 4 outubro

Santa Lucía: 13 decembro

 

Igrexa parroquial de San Martiño de Razo

Domingos e festivos, 9:45 hs.

Nosa Señora de Lourdes: 11 de febreiro

Santísimo Sacramento e San Xoán: 24 de xuño

Sagrado Corazón de Xesús: 25 de xuño

Perpetuo Socorro: 26 de xuño

San Antonio: sábado anterior ó primeiro domingo de agosto

Nosa Señora do Rosario: 3º domingo de outubro

San Martiño: 11 de novembro

San Roque: 12 de novembro

 

Capela de Santa Mariña

San Adrián: domingo antes de San Xoán:

Santa Mariña: 1º domingo de agosto:

 

Igrexa parroquial de Santiago Apóstolo de Sísamo

Domingos e festivos, 10:45 hs.

Nª Sª Carme: 19 xullo

Apóstolo, Sacramento, Santa Ana , Sagrado Corazón e Socorro: 25-27 xullo

Presentación de María: 22 novembro

Santa Bárbara: 6 decembro

 

Igrexa parroquial de San Miguel de Vilela

Domingos e festivos, 9:30 hs

San Miguel e Sacramento: 26-27 setembro

Cáritas

Unha parroquia samaritana é unha parroquia con corazón, con sensibilidade, unha parroquia que se estremece ao ver aos que sofren por calquera causa. Máis importante que os organismos, os plans e as programacións é o corazón compasivo. A parroquia debe ser como unha nai que fae súa a dor dos seus fillos.

Este aspecto caritativo, samaritano e social da Parroquia desenvólvese a través do Centro de Inclusión Social San Xoán Bautista e a través de Cáritas Parroquial e Interparroquial de Bergantiños

 

Programa de formación para o emprego

Para informar, orientar e   facilitar a formación laboral ás persoas co fin de lograr a súa integración social a través dun emprego digno

 

Bolsa de traballo

Que ten como finalidade e única función a intermediación entre a oferta e a demanda de emprego con eficacia, transparencia e rapidez. Atendendo a oferta de emprego que os empresarios entregan a Cáritas con asiduidade e, buscando entre as persoas que manifestan desexo de incorporación ao traballo, facilitando a persoa co perfil adecuado á demanda presentada en cada caso.

 

Microcréditos

Son axudas puntuais por un importe non superior a 1.000 €, coa obriga da devolución no prazo previamente establecido, concedidas a persoas sen recursos, usuarios/as de Cáritas que non poden facer fronte a situacións sobrevidas.

Traballamos con persoas sen fogar,sen recursos, persoas maiores, minorías étnicas, inmigrantes, transeúntes ou persoas con situacións sobrevidas. Cubrimos as súas necesidades básicas de alimentación e roupa,  facilitámoslles acceso a unha vivenda digna, recursos básicos para a formación profesional e incorporación ao mundo laboral, acompañamento, é dicir, calquera axuda que sirva para dignificar ás persoas e desenvolver as súas capacidades,  traballando pola xustiza social.

 

PARA ESTE CURSO:NOVAS PROPOSTAS

  1. a) Máis atención a enfermos, maiores, persoas soas:

– Actualizar censo de persoas enfermas, impedidas e que viven soas en cada parroquia para visitar e levar a comuñón.

– Na Residencia de maiores: cada luns rezo do rosario e comuñón, e o primeiro luns de mes Santa Misa.

– Maior preocupación por visitar enfermos no Hospital

– Celebración comunitaria da Unción dos enfermos en Carballo e en cada parroquia.

  1. b) Atención pastoral a usuarios de Caritas:

– Misa polos voluntarios, colaboradores e usuarios de Caritas defuntos antes de Nadal e antes de San Xoán.

– Reunión quincenal cos usuarios de casa de acollida para revisar  acompañamento e charla  catequética… Convidar tamén a todos os usuarios do Banco de alimentos e do roupeiro.

  1. c) Aula taller de costura: Habilitar unha aula con máquinas de coser e impartir clases de costura de xeito permanente para ensinar a coser.
  2. d) Hortas solidarias: Cáritas promove unha horta ecolóxica para persoas en risco de exclusión nas leiras das casa reitorais de Sísamo, Lema, Ardaña….

COMO COLABORAR EN CÁRITAS

 

  1. Ser socio colaborador

Facendo unha aportación económica con cuantía voluntaria e libre coa periodicidade (mensual, trimestral ou anual).As súas aportacións teñen dereito a unha desgravación fiscal na declaración do IRPF.

 

  1. Ser voluntario

Dedicando parte do seu tempo nalgunha das tarefas que Cáritas realiza. Os voluntarios, coa súa entrega voluntaria e gratuita son elementos esenciais porque sen a súa colaboración Cáritas non sería o que é.

 

  1. Facer donativos

Entregando un donativo na sede da Entidade ou na conta bancaria de Cáritas.

Tamén os donantes poden desgravar no IRPF, pero ten que constar o nome e apelidos, e DNI do donante.

 

  1. Ser empresa colaboradora

Facendo a empresa socia de Cáritas, facilitando o uso das instalacións para eventos de Cáritas, contratando persoal a través da bolsa de emprego de Cáritas, financiando algún proxecto de Cáritas, Ofertando a Cáritas produtos e servizos gratuitos.

 

  1. Testar a favor de Cáritas

En caso de incluir a Cáritas nun testamento agradécese que se comunique.

×