No reverso do cirio aparecen dous peixes. Na simboloxía cristiá do século II aparece o peixe. Como tamén aparecía a imaxe do Bo Pastor.
O peixe era tamén unha forma de manifestar, prudentemente a fe cristiá, en tempos de persecución. Rexía o que chamaban Disciplina do Arcano. A defensa da fe nun mundo pagano e perseguidor. Así foi nos primeiros séculos.
Vexan Vds. A particular condición do peixe para proclamar a fe en Cristo.
Peixe, en grego, dise IJZIJS (Poñemos caracteres do alfabeto latino, pois non temos os do grego). Tomando cada unha desas letras a interpretar como un acrónimo (costume moi actual) teremos o seguinte:
I = Iesus, J = JRISTOS , Z = Zeus, U = Uiós, S = SOTER (palabras gregas, con letra latina) traducindo isto ao noso galego, temos:
“Jesús, Cristo, Deus, Fillo, Salvador”
Ben sabemos que, popularmente, o peixe tan presente na simboloxía litúrxica, é unha evocación da multiplicación de pan e peixes da que fala o Evanxeo. Agora vemos que é algo máis profundo, como unha profesión de fe en Cristo, Fillo de Deus, Salvador.
Resta felicitar ao artista que deseñou o decorado do cirio. Deunos unha catequese, ademais dunha obra de arte que, pensamos, debería quedar nun museo parroquial. Como fixeron na Catedral de Santiago que gardaron o couce do cirio que o papa Xoán XXIII mandou para arder ante o altar do Apóstolo.