Mes das Flores, Mes de María. Lembramos versos, cantos, altares ateigados con flores do tempo. Verde e branco son as cores dominantes. Estamos sempre, no maio, en tempo pascual. Cómpre, pois, unha particular felicitación a Nosa Señora, como testemuña senlleira da Resurrección do Señor. Hai pouco viamos a María vestida de loito, ao pé a Cruz, era na súa soedade acollida por S. Xoán Apóstolo que a levou para a súa casa.
Ben quixeramos ver aos nenos/as dos nosos Catecismos e das nosas Escolas declamando versos a María. Son versos coma as mesmas flores. Poesía da nosa terra, espontánea, de nais e pais amantes de María. En galego ou en castelán, os dous idiomas serven para proclamar a nosa devoción. Bergantiños, terra de almas poetas, amosará a súa inspiración e valía.
Vaia, agora, o meu pobre poema
A María
Una vez al año luce Primavera.
Tras el invierno frío y húmedo,
con ilusión Naturaleza espera
eclosión de color que todo alegra.
Eres la Primavera florida
que trueca en jardín el mundo
amando con amor profundo
aunque sufra tu alma dolorida.
Bajaré al jardín de mi casa
que va dentro de mi pobre corazón
y la rosa más roja y más casta
la más lozana allá en su rincón
la cortaré y ofrendaré a ti
para que luzca y muera allí
tendida, fragante, a tus pies.