Coido que algún día se coñecerá a orixe do croavirus. Quedará claro se foi un descoido de laboratorio ou unha feria de animais salvaxes.
Como queira que fose aparece a insuficiencia humana para dominar unha realidade tan diminuta, extraña, a pesares de téremos intelixencia artificial e tantos medios e tantos sabios. Humildade, pois.
Mentres tanto, caben algunhas reflexións :
1-Tal coma un croavirus, tamén poidera fallar a seguridade de tantos silos repletos de bombas atómicas. Sería a desfeita do planeta, tanto pola explosión como pola contaminación. Lembremos o caso de Chernóbil.
2-As normas e tratados internacionais prohíben certos medios para
facer as guerras. Así, prohibidas están as bombas de nepal, as de
racismo, o gas sarim. Tamén as chamadas bombas bacteriolóxicas.
Pero o pasado fai sospeitar, ou afirmar, que tales convencións non se
respectan. Así pasou en Vietnam.
3-Os teólogos moralistas fálannos do pecado estructural, é dicir, aquel
xerado por estructuras inxustas na sociedade, das que, ó mellor,
inconscientemente participamos, pero colaboramos ó mal que afecta,
sobre todo, ós menos dotados, ós máis vulnerables.
Agora o papa Francisco fálanos do pecado contra a Naturaleza. Despois
de escribir tan acertadamente na Laudato Si sobre o coidado da casa
común (a Terra), agora crea un novo concepto de pecado.
Tamén, quizais sen decatarnos, todos caemos nel. Por un excesivo
consumo, pola contaminación de augas e aire, pola supresión de
hábitats necesarios para a propagación das especies…
Así se están perdendo cada ano tantas especies de animais e plantas, e
hai unha emigración das mesmas a lugares onde rompen o equilibrio
natural. Así estamos perdendo os gorrións e somos invadidos polas
velutinas e plantas que desforestan as nosas masas de arborado, e
peixes que veñen vivir ós nosos mares…
Con razón un científico dos nosos días avisaba: a Humanidade ten que
irse preparando para sobrevivir noutro planeta.
Deixaremos, pois, este noso coma un camposanto de antepasados?
Quedará todo cheo de cascallos, perderá a súa cor azul que admiraron
os astronautas desde o mundo exterior?
Velaí o gran pecado contra a Naturaleza.