Queridos lectores de A Xanela
Despois da Novena preparatoria, dispoñémonos a celebrar as festas patronais, este ano sen música e sen festeiros invitados. Pero, gardando as distancias e coas mascarillas, vamos a sentirnos máis unidos como familia e como Comunidade parroquial.
O mércores 24, na Misa de San Xoán, unímonos á invocación que en nome e representación de todo o pobo, o Sr. Alcalde presentará ao patrón San Xoán Bautista. Que nos siga protexendo e nos libre do Covid 19 e todos os males.
O xoves 25, é o día grande do Santísimo Sacramento que celebraremos con Misa solemne e Procesión ,para tributarlle a homenaxe da nosa louvanza e acción de grazas a Xesús Sacramentado e pedirlle que bendiga a todas as familias de Carballo.
A Procesión será deste xeito: Levaremos o Sántisimo Sacramento nunha carroza engalanada, acompañado solamente polas autoridades en os funcionistas.
A procesión irá pola R/Jacinto Amigo, R/Gran Vía, R/Cervantes, R/Valle Inclán, R/Vázquez de Parga, Praza Galicia. Nos tres altares de costume daremos a bendición.
Invitamos aos devotos a engalanar as xanelas e balcóns, e con pétalos de flores aclamar a ao Señor cando pase pola vosa rúa, e os demais a participar desde as beirarrúas con respecto e devoción facendo o sinal da Cruz.
O venres 26 e o sábado 27, mostraremos o noso cariño de fillos á Virxe María nas advocacións de Nª Sª do Carme e do Perpetuo Socorro, poñendo a toda a Parroquia no seu regazo de Nai.
Nestes días da festa tamén teremos unha pregaria agradecida polos nosos defuntos, especialmente polos que nos deixaron durante estas semanas, e polos que fixemos un funeral comunitario no noso camposanto.
O meu sincero agradecemento aos funcionistas, a todos os voluntarios da Parroquia e de xeito especial aos que durante estes meses da pandemia co seu traballo e colaboración xenerosa axudan desde Caritas a cantos a están sufrindo a falta de traballo e necesidades básicas. Moitas grazas!
Publicamos tamén un artigo de Xosé Pumar sobre o San Xoán, así como todos os harios das celebracións das festas patronais.
Felices festas!
José García Gondar