Tamén me deixarei caer nese lugar común neste tempo do ano novo, escribindo carta aos R.R.M.M.
Nada quedará sen pedir en tempos de tanta aflicción como son os de esta larga pandemia.
Que non teñamos unha terceira oleada. Temos que ser reflexivos, obedientes ó que dispoñan as autoridades sanitarias e os dirixentes políticos
A xente que forma o sector de médicos, enfermeiras e demais coidadores, merecen a nosa resposta e parabéns. Porque, maiores e sanitarios foron moi golpeados nesta crise. E se queremos que chegue canto antes a vacuna(“vacina” di o Diccionario da Real Academia Galega), sexan os grupos devanditos os primeiros en inmunizarse.
Dóenos ver a hostalería pechada; negocios, músicos… que levan meses parados.
Velaí a lista de peticións para ós R.R.M.M. Terán que vir eles en forma restrictiva, pois deben acatar as normas vixentes para todos. Un exemplo, pois, para nenos e maiores.
Centros escolares, xeriátricos puxeron desenfectantes a disposición de todos. Pero, a pesares diso, houbo casos nos que tivo que suspenderse a actividade escolar, desinfectar locales…Todo, angustioso. Teñamos a valentía (pedímoslle ós R.R.M.M.) de séremos constantes. Mascarilla, distancia, ventilación, lavado de mans… que son fundamentais na loita contra a propagación do virus.
Por fin, os científicos deron coa profilase adecuada. Xa están chegando as vacunas a Galicia, a España. Haxa presupostos abondo para a investigación.
Finalmente, confeso a miña duda. Se “vacuna” procede do seu uso co gando vacún (Vide Diccionario Real Academia Española), por qué temos en galego “vacina”. Palabra dos medios oficiais, pero non está na fala común do pobo.
NOTA.- A voz “vacina” deriva do adxectivo latino “vaccinus a um” que fai referencia a todo o vacún.
Benvida, pois, a vacuna/vacina.
Xosé Pumar Gándara