Na imaxe que percorrerá a diocese hai un pequeno relicario. Visible, mesmo no peito da talla. Dise que é un fragmento de óso do Corpo do Apóstolo.
Aportamos o noso parecer. Cando na noite do 28 ó 29 de xaneiro de 1.879, López Ferreiro e outros, descubriron o Corpo de Santiago, oculto alí, na cabeceira da Catedral, durante case 300 anos, recolleron piadosamente os venerables restos, que despois pasaron a unha uena arxéntea que hoxe contemplamos na cripta.
Pero quedaron minúsculos fragmentos que López Ferreiro soubo gardar. Destas partículas fíxose distribución a parroquias senlleiras pola súa relación co Apóstolo.
Así, Santiago de Padrón ten unha pequena urna na que se le: “ex ossibus Beati Iacobi Apostoli”. Que veneran alí en determinadas festas xacobeas.
(Permítanme sinalar que este pequeno relicario padronés foi descuberto por este servidor, aló polo ano 1.992. Non estaba exposto, senón esquecido.)
Igualmente, a parroquia de Vilanova, preto do Pico Sacro, onde hai a festa do “Santiaguiño”, conta cunha reliquia semellante. E dispón dun documento que asegura a autenticidade da reliquia, firmado polo propio López Ferreiro.
Hai outras parroquias da diocese, na provincia de Pontevedra, que contan con reliquias semellantes.
Algunha vez na prensa alúdese a este feito.
Veña, pois, o Santiago peregrinante, que saberemos acollelo nas terras de Bergantiños.
BIBLIOGRAFÍA:
Quen desexe ampliar información sobre o Sepulcro e Reliquias do Apóstolo, recomendámoslle o libro “Exploraciones arqueológicas en torno a la sepultura del Apóstol Santiago”. Vexan especialmente as páxinas 118 e 120.
Libro da autoría de D. Xosé Guerra Campos, sabio profesor de quen isto escribe. El é un especialista moi versado na cuestión.
El arzobispo invita a rezar al Apóstol con esta oración por el fin de la pandemia
Santo Apóstol Santiago,/a quien Cristo, “Camino, Verdad y Vida”,
mostró su predilección.
Tú presenciaste junto a Pedro y Juan
los grandes acontecimientos de su vida,
y fuiste testigo de la curación de tantos enfermos, que Él realizó.
En ti encontró la disponibilidad para “beber su cáliz”,
siendo tú el protomártir de los Apóstoles.
Como Patrono de España pedimos tu auxilio
para los afectados por el coronavirus,
fortaleza y sabiduría para el personal sanitario,
luz y acierto para quienes toman las decisiones
y cercanía generosa para quienes
están ofreciendo su colaboración.
Ponemos toda esta situación bajo la mano maternal
de Nuestra Señora de la Salud.
Y tú, como amigo del Señor, acompaña a los fallecidos
hasta el Pórtico de la Gloria
e intercede por ellos ante Él
para que nos veamos liberados de esta pandemia.
Amén